VI Taller de Xoves Investigadores en Historia Moderna (18 de maio)

A VI edición do Taller de Xoves Investigadores en Historia Moderna, cuxo título é “Construíndo a historia: novas propostas e visións do mozo historiador”, celebrarase o 18 de maio de 2017 na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta edición, realizada mediante a coordinación conxunta da Universidade de Santiago e a Universidade de Cantabria, mantén a vocación obxectivos que guiaron a iniciativa ata o momento: a creación dun foro de debate en torno ás liñas e problemáticas suscitadas no desenrolo das primeiras fases da investigación histórica. Por iso, o taller orientase, de forma preeminente, á participación dos alumnos do Máster interuniversitario (UC-USC-UAM) de Historia Moderna “Monarquía de España, séculos XVI-XVIII” e a outros xoves historiadores que se encontren ao comezo da súa investigación doutoral.
As diferentes comunicacións que ocupan o programa desta edición, feitas polos alumnos das tres universidades participantes no Máster, presentan unha ampla heteroxeneidade de temas e perspectivas que permiten enriquecer a dimensión formativa da experiencia tanto polo que supón, nestas etapas iniciais, a posta en común e reflexión conxunta en torno ás investigacións como polo que implica a articulación e exposición do discurso histórico nun contexto académico.