Ir ao contido principal

Seminario “Historia e territorio. Aplicación da análise espacial aos estudos históricos”

O vindeiro venres, 6 de novembro, celebrarase no Salón de Grados da Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela o seminario “Historia e territorio. Aplicación da análise espacial aos estudos históricos”, coordinado polos profesores José Carlos Sánchez Pardo e Rubén Castro Redondo.

A actividade realízase no marco do Proxecto de Investigación ESNECON: Escenarios de negociación y conflicto en espacios de gestión comunal (PID2024-155273NB-C43), financiado pola AEI, así como dos Grupos de Investigación Aevum (GI-2213) e Historia Moderna (GI-1921), e o CISPAC.

A modalidade de celebración do evento será presencial e a asistencia é gratuíta. Expediranse certificados de asistencia a quen asista ó 80% da programación.

Descargar adxunto