Ir ao contido principal

Participación de membros do GI “Historia Moderna” no VIII CONGRESSO AISU: La città, il viaggio, il turismo. Percezione, produzione e trasformazione

No ámbito do VIII Congreso da Asociación Italiana de Historia Urbana, adicado este ano ao tema La città, il viaggio, il turismo: Percezione, produzione e trasformazione​ os profesores de Historia Moderna da USC Domingo L. González Lopo e Fernando Suárez Golán coordinaron a sesión A.1, que se desenvolveu na tarde do xoves 7 de setembro no edificio central da Università degli Studi di Napoli “Federico II”, baixo o título In viaggio verso Santiago di Compostela: devozione, esperienza e proiezione del culto di San Giacomo​. Na sesión ademáis dos dous coordinadores e membros do GI “Historia Momderna” participaron outros oito profesores e investigadores das universidades Autónoma de Barcelona, de Cantabria, Chieti-Pescara, Florencia, Mesina e Santiago de Compostela.

Os profesores Camilo Fernández Cortizo e Roberto J. López coordinaron, pola sua banda, a sesión F.8 que, baixo o título La città come destinazione: migrazione di manodopera ed esilio politico nell’Europa occidentale (secoli XVIII-XIX)​​,​ se celebrou na sede do Departamento de Arquitectura da mesma universidade na mañá do sábado 9 de setembro. A sesión contou coa participación dos membros do GI Rubén Castro Redondo, Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, e da doutora Ana Sixto Barcia, da Universidade de Vigo. A catedrática de Historia Moderna Ofelia Rey Castelao e o profesor da Facultade de Humanidades do Campus Terra Fernando Suárez Golán presentaron, ademáis, senllas comunicacións noutras dúas sesións do congreso.

As actas, nas que se recollen as diferentes contribucións dos participantes no congreso, foron publicadas en formato electrónico e pódense consultar e descargar na páxina do CIRICE.