Ofelia Rey participa na reunión da AEIHM 2023

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM participará o 28 de setembro no IX seminario internacional da AEIHM. Na reunión da asociación, que se celebra na Universidade Autónoma de Madrid, participarán destacadas especialistas no eido dos estudos de xénero. A mentada especialista galega impartirá a ponencia titulada, “As mulleres rurais e o exercicio da violencia na Coroa de Castela nos séculos modernos”, que terá lugar o 28 de setembro ás 15:30 horas.
Máis información: https://aeihm.org/actividades/ix-seminario-internacional-de-aeihm-violencias-de-genero-historia-y-memoria