Monográfico “La Historia de las Instituciones hoy”, Stvdia Historica: Historia Moderna (2026)
María López Díaz (UVigo) e María del Carmen Saavedra Vázquez (USC), catedráticas de Historia Moderna nas súas respectivas universidades, veñen de coordina-lo monográfico “La Historia de las Instituciones hoy”, publicado na revista Stvdia Historica: Historia Moderna (Q2) o 30 de xuño de 2026.
O monográfico conta cunha introdución, asinada polas coordinadoras anteriormente citadas, e cun total de 12 artigos científicos, que poden lerse e descargarse en acceso aberto e gratuíto en: https://revistas.usal.es/uno/index.php/Studia_Historica/issue/view/1477