Ir ao contido principal

María do Carmen Saavedra participará nas Xornadas de Actualización en Historia e Historia da Arte (2019)

Entre os días 09 de outubro e o 21 de novembro de 2019 terán lugar as Xornadas de Actualización en Historia e Historia da Arte, nas que participa María do Carmen Saavedra, como unha das organizadoras e como poñente. Estas actividades están deseñadas para tratar temas relacionados co ensino e coas novas liñas investigación. As xornadas dividiranse en dous módulos, un relacionado coas novas visións da Historia de Galicia e outro coa cidade histórica como recurso didáctico. María do Carmen Saavedra será a encargada de impartir o curso que terá lugar o 17 de outubro ás 18:00-20:00h. Nesta charla vanse abordar as novas tendencias de investigación no campo da Historia Moderna.

Máis información: Programa (adxunto)

Descargar adxunto