Ir ao contido principal

Curso de especialización: “Población, Familia, Parentesco”. La Rochelle, Francia, 25-30 de outubro de 2020

Curso: PopFam2020 (Poboación, Familia, Parentesco: fontes e métodos)

Organizado pola Sociedade de Demografía Histórica Francesa (SDH)

25 outubro – 30 outubro 2020, La Rochelle, Francia

 

Comité científico: Sandra BREE; Julie DOYON; Vincent GOURDON; Jean-François MIGNOT; Michel ORIS 

Comité de organizacion: Cyril GRANGE; Isabelle ROBIN; Isabelle SEGUY

Contacto: Isabelle Robin (robin.izabelle@orange.fr)

Organizacion: SDH, co apoio do CNRS, do INED e do Centre Roland Mousnier

 

Destinado a estudantes de doutoramento, posdoutorados e investigadores, este curso pretende dar a coñecer un campo disciplinario pouco aprendido e estudado nos cursos universitarios en cencias humanas e sociais, coa fin de promover o estudo e a investigación en historia social da poboación, a familia e o parentesco. Nel, ofrecerase unha visión xeral dos temas, fontes e métodos específicos da demografía histórica e das historiografías coas que ela interactúa estreitamente, caso da Socioloxía ou da Antropoloxía. Durante o seu desenvolvemento abordaranse temas moi diferentes relativos á demografía histórica, á historia das migracións internacionais ou á historia familiar e de xénero, contando sempre coa presenza de diferentes e destacados especialistas en cada unha das sesións do curso. 

Información básica y Programa: http://www.societededemographiehistorique.fr/uploads/5/5/6/4/55648151/annonce_popfam2020_sdh.pdf