Ir ao contido principal

Novas

X XORNADAS INTERNACIONAIS MULLERES NA HISTORIA. Mulleres fráxiles, mulleres cuidadoras

O vindeiro venres, 17 de outubro, celebraranse as X Xornadas Internacionais “Mulleres na Historia”. Nesta edición baixo o título de “Mulleres fráxiles, mulleres coidadoras”. Ditas xornadas, coordinadas polas profesoras Ana María Sixto Barcia (Universidade de León) e Ofelia Rey Castelao (Universidade de Santiago de Compostela), terán lugar na Aula 8 da Facultade de Xeografía e […]

Congreso “Proyectos Integrales de HGIS. Investigación, innovación y transferencia”

O congreso ‘Proyectos Integrales de HGIS. Investigación, innovación y transferencia’, coordinado polos profesores Rubén Castro Redondo e Mariña Bermúdez Beloso, desenvolverase os días 8 e 9 de maio no Salón de Graos da Facultade de Humanidades da USC. O evento forma parte das actividades realizadas no marco do Proxecto de Investigación estatal ‘Castillae Metrum: cartografía […]

Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal. Redes Migratórias e Culturais

Os días 10 e 11 de abril de 2025, no Auditorio B.1 da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, celebrarase o Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal. Redes Migratórias e Culturais, con participación de 3 membros do Grupo de Investigación en Historia Moderna da USC (G.I.-1921): Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luís González Lopo e […]

Congreso da Société de Demographie Historique “Recomposición de familias e fogares, dende a Idade Media aos nosos días”, París, INED, 27-28 de novembro de 2025

O obxectivo do congreso é estudar a diversidade dos procesos desencadenantes (morte, vida en parella ou ruptura, vellez ou dependencia, mobilidade voluntaria ou forzada, acollemento ou adopción de fillos, etc.). Tamén, captar a variedade de formas de recomposición familiar, determinar a súa natureza, medir a súa frecuencia a escala dunha sociedade ou dos ciclos vitais […]

Publicación do libro “Los supervivientes de Flandes” (María del Carmen Saavedra Vázquez)

O vindeiro mércores, 11 de decembro, terá lugar a presentación do libro de María del Carmen Saavedra Vázquez Los supervivientes de Flandes en la Academia das Ciencias e as Artes Militares (C/ Arturo Soria, 287, Madrid). Para acceder é necesario confirmar asistencia, se ben o acto tamén será transmitido en directo: https://www.youtube.com/c/Acami 

Ciclo “De rabiosa modernidade. Libros recentes de Historia Moderna nas nosas librarías”

Durante o mes de novembro celebrarase na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela o ciclo De rabiosa modernidade. Libros recentes de Historia Moderna nas nosas librarías, baixo a coordinación de Rubén Castro Redondo (USC). A actividade consta de sete sesións, onde en cada caso se presentará polo/a seu/súa autor/a a monografía recentemente publicada […]

Rural History 2025 (U. Coimbra): Call for papers

RURAL HISTORY 2025 (U. Coimbra). Aberto o prazo para o envío de comunicacións ao 77 Congreso Bianual da EURHO (Organización Europea de Historia Rural), que se celebrará do 9 ao 12 de setembro de 2025 na Universidade de Coimbra (Portugal). Serán 90 sesións, nas que as propostas para participar poderán enviarse dende o 15 de […]